New Found Glory | |
---|---|
Orixe | Coral Springs, Florida, |
Período | 1997 - presente |
Xénero(s) | pop punk, punk rock, rock alternativo, hardcore melódico |
Selo(s) discográfico(s) | Epitaph, Bridge Nine, Geffen, Drive-Thru, Eulogy, Fiddler |
Membros | Jordan Pundik Chad Gilbert Steve Klein Ian Grushka Cyrus Bolooki |
Antigos membros | Joe Marino |
Na rede | |
newfoundglory.com | |
New Found Glory (antigamente A New Found Glory) é unha banda estadounidense de pop punk procedente de Coral Springs, Florida, formada en 1997. Os membros do grupo son o vocalista Jordan Pundik, os guitarristas Chad Gilbert e Steve Klein, o baixista Ian Grushka e o batería Cyrus Bolooki, que substituíu a Joe Marino tras a edición do seu EP de estrea. Durante os seus 15 anos de carreira a banda leva publicados sete álbums de estudio, dous EPs e dous álbums de versións.
Os críticos musicais considérana unha pioneira do pop punk. AbsolutePunk ten etiquetado á banda como os "padriños do pop punk", mentres que Allmusic di deles que "xunto con traballo de Blink-182 serviron como modelo para o xénero nos primeiros anos da década do 2000".